lunes, 18 de febrero de 2013

Cronica

O grupo xuntouse, coma de costume, en Ferreira, cando aínda non amencera.

O día apareceu no medio da viaxe en bus, e resultou ser un comezo de día con moita calma, iso sí, por fora, xa que no bus o chofer amenizounos a viaxe de ida con música de non sabemos que orquestra.

Unha vez nos baixamos do autocar, tíñamos ganas de comezar a ruta canto antes para escorrentalo frío, aínda que os lugareños nos comentaran que “hoxe non ten duda”.

Comezamos a ruta dende o alto da Fonsagrada, era marabillosa a vista dende alí, as montañas abrazaban toda a paisaxe,…o fondo, os lados,….no cume das máis altas podíase apreciar a neve caída días atrás. A sensación era de estar cerca do ceo dende aquela altura, que beleza,… que luxo respirar e sentir ese aire tan puro e salvaxe.

Fomos descendendo pola ladeira,… os camiños estaban cubertos de moita pizarra en moitos tramos do inicio,… cruzamos pinares, escoitamos os paxaros, o silencio da natureza envolveunos noutros casos,… un camiñar moi agradable con semellante entorno.

O sol pedía permiso as nubes para poder asomar, pero estas non o concederon, xa que, se estaban preparando,… un ratiño despois comezou a chuviscar.

O final do noso descenso chegamos á hipnotizadora cascada, unha das máis grandes de Galicia, con 50m de caída, que espectáculo da natureza! Imaxina a auga que podía estar caendo despois dos días anteriores de tanta auga e neve! O sonido era grandioso, enmudecíanos a todos,….que poder! Estando alí, unha garza meteuse no medio da cascada, quedando atrapada nesa maraña de auga, a forza levábaa a o fondo, e non podía saír, gracias a un dos integrantes do grupo, logrou desenredarse e comezar a voar, continuouse, despois dese suceso, sacando fotos, e deixándonos arrastrar por esa fermosura da natureza,… cando así o sentimos regresamos montaña arriba, e con cada paso achegabámonos ó final da ruta.

E despois, a comer un rico cocido, que na zona non imos a contar como é,….”mi madriña”!!

Grazas, madre terra, por todo o que nos regalas día a día!!

Rocio Paz